1º Encontro de Locais de Ensaio Municipais

Dentro da programacion do FEST do 3 de Marzo teremos pola mañá este 1º Encontro de locais de ensaio municipais.

Obxectivo

Desenvolver un encontro entre técnicos, persoal político, e axentes da industria cultural para analizar as posibilidades e valor que pode aportar un equipamento municipal destas características.

Enfoque metodolóxico

A xornada proponse como unha reflexión guiada, orientada á construción grupal de posibles solucións e utilidades para as realidades de cada local de ensaio.

Participantes

Grupo reducido, 25 persoas.

Programa

Local de música
11:30_ Inauguración da xornada. Demetrio Gómez Xunqueira. Concelleiro de Xuventude de Pontevedra.
12:00_ Ponencia: O local de Música de Pontevedra, un novo modelo de centro sociocultural. Diego Parajó Naveira. Director do Local de Música e xerente de Xeneme Proxectos Sociais.
13:00_Debate: Que papel que debería xogar un local de ensaio municipal en relación á comunidade local e á industria cultural?.
14:00_xantar
16:00_Grupo de traballo: Análise de situación e problemas dos locais de ensaio municipais.
17:00_Conclusións: mapa de accións.
17:30_fin da xornada.

Inscrición

Ate 28 febreiro. Solicitude de inscrición e criterios de selección na web do locallocaldemusica.blogspot.com.


Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*

Podes utilizar estas etiquetas e atributos HTML : <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>