#tipodesparalo

xeneme

Coma todos os anos, esforzámonos en conseguir desenvolver campañas para entidades relacionadas coa prevención da violencia de xénero.

Este ano fixemos para o Concello de Pontevedra unha completa campaña audiovisual, con anuncio, documental e unidade didáctica integrada: #tipodesparalo.

A continuación podes ver os videos e descargar a unidade didáctica se o desexas.

Seguir lendo

Teo contra a violencia de xénero

A elaboracion do documental Teo contra a violencia de xénero, Programa Experimental e innovador en materia de prevención e tratamento integral da violencia de xénero, iniciouse coa intención de traballar sobre tres aspectos básicos :

  • Detección (de situacións posibles de violencia de xénero)
  • Intervencion (desde os recursos existentes no concello de Teo)
  • Prevención (a nivel educativo e comunitario)

Seguir lendo

25 novembro. Concello de Pontedeume

Non me vendo non me vendas

Campaña de sensibilización sobre a explotación sexual das mulleres, dentro do marco de celebración do 25N, día mundial contra a violencia de xénero.
Este proxecto encádrase dentro das accións experimentais das subvencións para programas de igualdade e prevención da violencia de xénero da Xunta de Galicia.

(Secretaría Xeral da Igualdade, pola que se regulan as bases para a concesión das subvencións destinadas ás entidades locais de Galicia dirixidas a favorecer e dinamizar o compromiso coa igualdade entre mulleres e homes e coa prevención e o tratamento integral da violencia de xénero).

Deseño: MIYAGISANdesigns. Foto: Sukizima.

Podes ver a presentación da campaña no facebook de xeneme.

25 Novembro. Concello de Arteixo

Representación teatralizada en audio para emisión en radio, do proceso de xestación da violencia de xénero.
Este proxecto encádrase dentro das accións experimentais das subvencións para programas de igualdade e prevención da violencia de xénero da Xunta de Galicia.

(Secretaría Xeral da Igualdade, pola que se regulan as bases para a concesión das subvencións destinadas ás entidades locais de Galicia dirixidas a favorecer e dinamizar o compromiso coa igualdade entre mulleres e homes e coa prevención e o tratamento integral da violencia de xénero).

Representada por un grupo de persoas do Concello de Arteixo. Dirixida por Xoan Curiel. Idea orixinal e coordinación por XENEME. Traballo realizado para o Concello de Arteixo (A coruña).

Podes ver as fotos aquí.

O xogo tradicional e as didácticas específicas

xeneme-agxpt

Hoxe Ania presenta a experiencia de recollida de xogos populares no Concello de Dodro dentro do II CURSO DE FORMACIÓN SOBRE O PATRIMONIO LÚDICO: “O XOGO TRADICIONAL E AS DIDÁCTICAS ESPECÍFICAS”, en Melide, organizado pola Asociación Galega do Xogo Popular e Tradicional e Nova Escola Galega.
Seguir lendo

XENEME en PALABRAS MAIORES proxecto de recuperación de memoria histórica no Concello de Teo

Palabras maiores

O Concello de Teo presentou esta mañá nunha rolda de prensa o refraneiro “Palabras maiores”, que é un libriño que se realizou no programa de envellecemento activo que leva o mesmo nome. A concelleira de Benestar, Carmen Diéguez, destacou que este programa de Servizos Sociais comezou a realizarse no 2007 e está cada vez máis afianzado xa en tres parroquias, Calo, Recesende e Oza.
http://www.concellodeteo.com/actualidade/nova.php?id=575&lg=gal

Lei Galega de Cultura de Paz

Lei Galega de Cultura de Paz

O vindeiro luns, día 7 de Xuño, quedará constituída oficialmente a Ponencia Conxunta no Parlamento Galego, cos representantes nomeados polos tres grupos parlamentarios, para iniciar o procedemento de elaboración do Anteproxecto de Lei de Fomento da Cultura da Paz de Galicia, unha iniciativa promovida, hai case que dous anos, polo Seminario Galego de Educación para a Paz e a Fundación Cultura de Paz sobre os precedentes da Lei Catalana de 2003 e a española de 2005.

xeneme

Novas axentes de desenvolvemento social

axentes_desenvolvemento_local

O Centro de Negocios de Pontevedra acolleu a entrega de diplomas da primeira promoción de axentes de desenvolvemento social (2008), curso financiado polo plan FIP. Xeneme impartíu esta formación a partires do traballo en alianza co Centro de Negocios.

Contra a Explotación Sexual e a Trata

Voces contra la trata de mujeres

Este 23 de setembro conmemorouse o Día Internacional contra a Explotación Sexual e a Trata. E en Santiago, a Xunta celebrou unha xornada de sensibilización.

En dita xornada participou o fiscal xefe do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia e a secretaria xeral da Igualdade, entre outros.

Durante a xornada proxectouse o documental «Voces contra la trata» dirixido por Mabel Lozano. A directora do documental participou nun coloquio coas persoas asistentes, unha vez rematada a proxección. Finalmente, desenvolveuse unha mesa redonda na que participaron representantes de ONGs que traballan con vítimas de explotación sexual e trata, e a fiscal da Adscrición Permanente de Vigo da Fiscalía da Audiencia Provincial de Pontevedra.

Quedaron de deixar o documental á disposición de todas nós, solicitándoo na Xunta.