A Célula de Formación clausura o curso «Atención a persoas en situación de risco ou exclusión social» do ILES Pontevedra.
Xeneme pecha hoxe a docencia deste curso, promovido desde o ILES (Iniciativa Local de Emprego Social) do Concello de Pontevedra. Ao longo dos meses de xaneiro, febreiro e marzo traballáronse múltiples contidos de caracter teórico e práctico e baseándose na realidades das políticas e directrices galegas, españolas e europeas.
Polas xornadas convidáronse a outras entidades como: Alecrín, Proxecto Home, Érguete, Fundación do Secretariado Xitano, Igaxes3 ea Asociación Alba. Por parte do Concello estiveron profesionais da UAD e do servizo de prevención de drogas, da oficina de atención as persoas inmigrantes e o CIM. A seriedade das persoas que traballan no ILES facilitou o traballo durante todo o curso. Todo un luxo.
O mellor de todo, as persoas que permitiron que funcionara cada áctividade á perfección: as alumnas/o. Maravillosas. E polo que contan… Ioli, a docente atómica!
Gracias a todas e todos polo esforzo.