Coa experiencia obtida dede 1998 como docentes do ámbito social e educativo, desenvolvemos formacións marcadas por unha identidade e metodoloxía propia, que se caracteriza pola súa intensidade, pola facilidade para a adquisición de contidos especializados e pola adaptación a cada grupo e persoas.
Escola de Pensamento Aplicado 2012
O xogo tradicional e as didácticas específicas
Hoxe Ania presenta a experiencia de recollida de xogos populares no Concello de Dodro dentro do II CURSO DE FORMACIÓN SOBRE O PATRIMONIO LÚDICO: “O XOGO TRADICIONAL E AS DIDÁCTICAS ESPECÍFICAS”, en Melide, organizado pola Asociación Galega do Xogo Popular e Tradicional e Nova Escola Galega.
Seguir lendo
Festa da solidariedade de Vilagarcía de Arousa 2010
E por fin, tras varios meses de árduo traballo de análise e coordinación, onte, 25 de setembro, celebramos a IV Festa da Solidariedade de Vilagarcía de Arousa, onde máis de 25 entidades expuxeron os seus proxectos, servizos, campañas…
Instalada no medio da Praza de Galicia, converteuse nun evento integrado na vida de sábado das persoas. Unha proposta novidosa e arriscada, ao ser a primeira vez que se usa este espacio deste xeito. Os resultados… magníficos.
Se queredes ver as fotos do evento, dos concretos, das mesas redondas e do curso de xestión de proxectos sociais, pasádevos polo nosa páxina de facebook.
Xestión avanzada de proxectos sociais
Os días 22, 23 e 24 de setemtembro impariremos o curso «xestión avanzada de proxectos sociais» para o Concello de Vilagarcía. Esta formación encádrase dentro das actividades da Festa da Solidariedade, na que tamén participamos como parte do equipo de coordinación.
Seguir lendo


