Plan de Ocio Comunitario. Vilagarcía de Arousa. 2010.
O Plan de Ocio Comunitario foi unha proposta global que se formulou para optimizar os recursos existentes asociados ao Departamento de Xuventude Municipal e reforzar as accións educativas e de ocio para a mocidade nestes tempos de crise. Das diferentes accións que se concretaron neste plan son:
A trincadeira
A TRINCADEIRA é o resultado dun proceso de captación e implicación dun grupo de mozos e mozas da Vila na xestión do seu propio Ocio. Durante os anos 2009 e 2010 pasaron por un proceso de formación e titorización para a posta en marcha do seu proxecto: Unha quedada de SKT e BMX, que logo foi incorporando outras disciplinas como fotografía, graffiti, basket… O obxectivo de pasar de ser consumidores a creadores significou a súa organización autónoma no 2011 cuns resultados pre-profesionais moi interesantes.
Destacables son as campañas promocionais creadas por eles mesmos:
https://www.facebook.com/atrincadeira
http://atrincadeira.tumblr.com/
Festa do Voluntariado
A Festa da Solidariedade naceu coa idea de organizar un evento onde se presentaran as entidades sociais do concello e se puxera en valor o seu traballo, esforzo e dedicación. Probáronse nos últimos anos varias fórmulas para a producción do evento, calquera delas válida, pero sen revisar conceptos de base que están por detrás do propio evento, e que podemos resumir nunha pregunta: ¿que buscan as entidades nun acto destas características?.
Desde o enfoque da Concellería de Xuventude e Solidariedade apostouse por un modelo de Participación, onde as persoas ou as entidades sociais, pasen a un primeiro plano no proceso de construcción das decisións que lles poidan afectar, e, neste caso concreto, revisar as ideas sobre as que se fundamenta a Festa da Solidariedade.
O obxectivo principal de facer xuntanzas de traballo, con carácter asembleario, coas persoas representantes das entidades é buscar unha definición clara do sentido desta Festa, facéndoo ademais sobre un debate aberto, rico e dinámico.
Mais, nun momento de crise e recortes coma no que estamos, haberá que repensar as fórmulas en como as entidades sociais se xestionan, se relacionan e sobreviven. Este proxecto supuxo un “adestramento” para, alá adiante, ter as bases metodolóxicas, relacionais e experienciais dun proceso de traballo en rede que fortalecerá a capacidade de organización e diálogo das asociacións.