Teo contra a violencia de xénero

A elaboracion do documental Teo contra a violencia de xénero, Programa Experimental e innovador en materia de prevención e tratamento integral da violencia de xénero, iniciouse coa intención de traballar sobre tres aspectos básicos :

  • Detección (de situacións posibles de violencia de xénero)
  • Intervencion (desde os recursos existentes no concello de Teo)
  • Prevención (a nivel educativo e comunitario)


Qué obxectivos nos marcamos:

  • Implicar a toda a comunidade na elaboración do proxecto.
  • Informar sobre o proceso que leva ó maltrato ás mulleres e os efectos físicos, psíquicos e psicolóxicos que trae consigo.
  • Promover e dar a coñecer un protocolo de actuación nos profesionais e na poboación do Concello que, de un xeito ou de outro, se ven involucrados na loita contra a violencia de xénero.
  • Dotar ós programas de loita contra a violencia de xénero dunha ferramenta didáctica

O proxecto consta dun vídeo-documental con tres pezas independentes pero complementarias entre si, cada unha delas adicadas a aspectos esencias na loita contra a violencia de xénero: detección-intervención–prevención.

Para cada unha das liñas contamos con persoas do Concello, desde o equipo de goberno, o persoal de servizos socias, policía municipal, persoal sanitario dos centros de saúde, veciños e veciñas maiores, nenos e nenas do Concello,…

“As leis deben protexer as mulleres, pero NUNCA a costa sas liberdades das mulleres.”
Marcela Lagarde


Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*

Podes utilizar estas etiquetas e atributos HTML : <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>