Un encontro para cacharrear con sintetizadores.
Cacharage Against the Machine foi unha iniciativa creada dentro das accións de Responsabilidade Social Empresarial (RSE) de Xeneme, en colaboraci´on coa Escola Unitaria, os Estudios Potemkin, a escola WAX!- cultura Dj e D. Chus Silva. Este microevento en - EDICIÓN ZERO - serviu como espazo para conectar a persoas interesadas na creación musical a través de máquinas (sintetizadores, samplers, pedais FX, loopers, secuenciadores, caixas de ritmos, groove boxes...) e tecnoloxías musicais.
Organizado como un exploratorio sonoro (explora + laboratorio), promoveu o intercambio de coñecementos e a colaboración entre músicos e afeccionados ás tecnoloxías musicais, tanto profesionais como amateurs.
Este proxecto estivo orientado a ofrecer un lugar onde os asistentes puideran experimentar, aprender e compartir nun ambiente colaborativo e divertido. A estrutura do evento favoreceu a interacción directa entre participantes, facilitando que calquera puidera achegarse e mostrar as súas creacións ou intercambiar equipos musicais.
A importancia de Cacharage Against the Machine radica na súa capacidade para unir cultura, tecnoloxía e participación social. Estes eventos son cruciais para democratizar o acceso á música en xeral e ás tecnoloxías musicais en particular, proporcionando espazos accesibles e inclusivos onde a creatividade pode florecer.
Desde un punto de vista social e cultural, proxectos coma este promoven a interacción comunitaria, reforzan lazos sociais e fomentan o desenvolvemento de novas redes culturais arredor da música, a cultura e a tecnoloxía.
A nivel educativo, Cacharage Against the Machine permitiu aos asistentes aprender mediante a práctica, compartindo coñecementos e experiencias nun ambiente de experimentación libre. Isto fomenta a creatividade e a aprendizaxe compartida, especialmente para aqueles que queren comezar na creación musical con máquinas, mais non dispoñen de espazos tradicionais para formarse.
A súa estrutura como un laboratorio participativo encarna un novo modelo de innovación cultural, no que o intercambio de ideas é tan importante como o produto final. Isto engade valor á participación comunitaria, mostrando que a música feita con máquinas pode ser tanto un proceso colectivo como individual.
Xeneme participamos na creación e desenvolvemento deste proxecto, aplicando os coñecementos adquiridos en múltiples talleres de innovación social e tecnolóxica para deseñar un evento aberto e inclusivo.
A través das nosa accións de Responsabilidade Social Empresarial (RSE), contribuímos co noso voluntariado corporativo.
Cacharage Against the Machine é:
É un encontro para cacharrear.
Esta será nnha edición 0.
É un laboratorio.
É un exploratorio.
É unha JAM.
Para divertirse e conectar con outras persoas.
É, polo tanto, un evento de pequeno formato que facilita a conversa e o intercambio de ideas. É, na liña da Unitaria, un lugar para aprender. Aprender facendo e aprender compartindo.
É un convivio de persoas amadoras das máquinas de facer música.
É un proceso de democratización cultural.
Cacharage Against the Machine non é:
Non é un evento con cabezas de cartel.
Non é un evento de vangardas electrónicas (que si de xente vangardista).
Non ten, en principio, nomes recoñecidos na esfera de máquinas musicais.
Nin é unha pista de baile, ainda que se poida bailar.
Cacharage Against the Machine será:
Deberá ser un proceso. Un camiño. Para ir definindo seguintes pasos. Se cadra medra, ou non. Poderá ser un tempo concreto para que esas comunidades creadoras teñan un espazo laboratorio-exploratorio-residencial onde crear-mesturar-mostrar. Podería ser unha cita cíclica.
Será un concepto iniciático, onde calquera poida achegarse a propoñer e mostrar. Facilitar que o proceso sexa participado garantirá a súa sostibilidade.
Cacharage Against the Machine morrerá:
Cando deixe de ter utilidade.
Cando non sexa divertido.
Cando pretenda competir con outras propostas festivaleiras.
Edición zero
Cacharage Against the Machine é un exploratorio sonoro. Unha quedada aberta para persoas amadoras das musica feitas con máquinas. Para as que trebellan e para as que escoitan. Para as que comezan e para as que teñen callo de tanto pote.
Tamén será un espazo de intercambio de aparatos, musicais ou ruidísticos de segunda man onde mercar, vender e trocar eses trebellos do diaño.
Isto é para ti se amas os #sintes #secuenciadores #loopers #eurorack #drummachines #bassline
PROXECTO REALIZADO EN REDE CON:
Comentários