Facilitación de networking
O 9 de novembro de 2021, Escena Galega organizou a primeira Xornada escénica de promoción profesional en Galicia, na Cidade da Cultura. O evento reuniu a máis de 80 axentes escénicos, incluíndo 25 profesionais da programación de concellos e 40 compañías de teatro e danza.
Diego Parajó de Xeneme foi o encargado de facilitar a presentación e interacción entre programadores e compañías, utilizando a ferramenta dixital MIRO para crear unha diagnose en tempo real dos problemas e solucións no sector.
Os encontros profesionais e as redes de contacto son vitais no ámbito cultural. Estes espazos non só permiten que compañías e programadores se coñezan, senón que tamén facilitan a creación de novas oportunidades de negocio e colaboracións artísticas. No sector das artes escénicas, o networking axuda a fortalecer o ecosistema cultural ao fomentar unha maior visibilidade e circulación dos espectáculos, garantindo que as propostas escénicas cheguen a públicos diversos.
Escena Galega xoga un papel crucial na construción deste ecosistema cultural. A través de eventos como estas xornadas, promove o traballo en rede, facilita a profesionalización do sector e fomenta a sostenibilidade das compañías, conectándoas con programadores que buscan novas propostas para os seus espazos culturais.
Foto por Escena Galega.
Ao comezo da xornada acreditáronse a 80 axentes escénicos entre os que asistiron vintecinco profesionais da programación de concellos e outras entidades programadoras e representantes e distribuidoras de 40 compañías.
O noso traballo consistíu na realización das dinámicas de apertura, facilitando un espazo de intercambio de ideas entre programadores e compañías. A ferramenta MIRO.com permitiu visualizar de forma instantánea os problemas e solucións propostas, creando un diálogo dinámico e aberto.
XENEME demos paso ao rematar a dinámica a 15 presentacións rápidas de espectáculos de compañías ante as e os 25 programadores e programadoras asistentes.
A xornada continuou con varias pausas de café-networking e un xantar de posta en común entre axentes escénicos. Na quenda de tarde artellaron desde Escena Galega quendas rápidas de venda que, mediante un formato áxil e fluído, acadaron 280 reunións entre compañías e programadoras para a venda de espectáculos.
En rede con Diego V. Meizoso (Escena Galega)
A xornada contou coa colaboración da Xunta de Galicia a través da Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic) e da Cidade da Cultura de Galicia.
Comments