Financiamento
e investimento privado asociado á responsabilidade social empresarial (RSE)
—XENEME Lab é unha nova liña de actividade orientada á creación e investigación de proxectos creativos vinculados á arte e á tecnoloxía (media art)
O seu obxectivo é abrir novas vías de sustentabilidade para o sector cultural, mediante a conexión entre a creación artística e o financiamento privado asociado á responsabilidade social empresarial (RSE).
Investigar, producir e transferir prácticas artísticas contemporáneas, transformándoas en experiencias culturais estruturadas, financiables e escalables
e investimento privado asociado á responsabilidade social empresarial (RSE)
—Deseño e desenvolvemento de dispositivos artísticos para a aprendizaxe aplicada e o testeo de experiencias.
—Difusión, arquivo e conexión de axentes culturais.
—Xeneme Lab realiza investigación e desenvolvemento artístico na intersección entre arte e tecnoloxía.
Os nosos proxectos articúlanse arredor de catro grandes focos de investigación que funcionan como marcos abertos para a experimentación, a aprendizaxe colectiva e a exploración crítica.
Plataforma para a circulación aberta do coñecemento. Que formas de coñecemento emerxen cando a aprendizaxe se documenta, comparte e constrúe colectivamente?
Espazos non institucionais para a experimentación artística. Que sucede cando a investigación artística se despraza cara a lugares que non foron concibidos para o arte?
A comunidade como axente de investigación e produción. Como poden os procesos colectivos xerar novas formas de coñecemento e creación?
Espazos, materiais e formas de atención. Que emerxe da relación entre arquitectura, materiais, obxectos, sons, corpos e tecnoloxías?