COMPROMISO · SOSTIBILIDADE · IMPACTO

XENEME E OS ODS

O noso traballo —no cruce entre cultura, educación e innovación social— conecta directamente cos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible da ONU. Non como cumprimento formal, senón como parte da nosa identidade.

OS NOSOS VALORES
EN ACCIÓN

Os nosos valores non son declaracións abstractas: son a forma concreta en que traballamos cada día e a razón pola que os ODS forman parte da nosa identidade. Innovación, compromiso social, igualdade, cooperación, sustentabilidade, proximidade e emprego de calidade son os fíos que nos conectan coa Axenda 2030.

OS NOSOS COMPROMISOS ODS

3
ODS 3

SAÚDE E BENESTAR

INNOVACIÓNCOMPROMISO SOCIAL

A saúde emocional e o benestar colectivo son dimensións cada vez máis presentes no noso traballo. Deseñamos proxectos que utilizan as artes e a creación compartida como ferramentas de acompañamento emocional, especialmente con persoas maiores, xuventude e colectivos en situación de vulnerabilidade.

4
ODS 4

EDUCACIÓN DE CALIDADE

INNOVACIÓNCOMPROMISO SOCIAL

A formación e a transferencia de coñecemento son liñas centrais do noso traballo. Deseñamos programas de capacitación en xestión cultural, metodoloxías participativas e innovación social dirixidos a profesionais, organizacións e equipos técnicos.

5
ODS 5

IGUALDADE DE XÉNERO

INNOVACIÓNCOMPROMISO SOCIAL

A igualdade é un eixo transversal en todos os nosos proxectos. Incorporamos a perspectiva de xénero no deseño de procesos participativos e garantimos que as nosas metodoloxías reflictan compromisos reais de equidade.

10
ODS 10

REDUCIÓN DAS DESIGUALDADES

INNOVACIÓNCOMPROMISO SOCIAL

Traballamos con persoas maiores, xuventude en risco, migrantes e colectivos con diversidade funcional. Os nosos proxectos comunitarios fortalecen o tecido social e amplían a participación de quen normalmente queda fóra dos espazos culturais e educativos.

11
ODS 11

CIDADES E COMUNIDADES SOSTIBLES

INNOVACIÓNCOMPROMISO SOCIAL

A escala local e comunitaria é o noso territorio natural de traballo. Acompañamos concellos e comunidades na creación de procesos de participación cidadá e dinamización cultural que fortalecen os vínculos entre persoas e territorios.

16
ODS 16

PAZ, XUSTIZA E INSTITUCIÓNS SÓLIDAS

INNOVACIÓNCOMPROMISO SOCIAL

Actuamos como mediadoras entre administracións, organizacións e comunidades, contribuíndo a crear procesos de toma de decisión máis inclusivos e corresponsables. A transparencia e a participación real son a nosa maneira de funcionar.

17
ODS 17

ALIANZAS PARA LOGRAR OS OBXECTIVOS

INNOVACIÓNCOMPROMISO SOCIAL

O traballo en rede e as alianzas interdisciplinarias son parte do noso modelo de traballo. Conectamos o sector público, as empresas e a sociedade civil arredor de proxectos con propósito compartido.

“O NOSO COMPROMISO COA AXENDA 2030
NON É UN APARTADO DA NOSA ACTIVIDADE:
É A FORMA EN QUE TRABALLAMOS.”

COÑECE O NOSO TRABALLO RSE →

Participamos en

Asociación Galega de Profesionais da Xestión CulturalEmpresa ResponsabilízateAsociación Pont-Up Store, emprendemento e innovación