← Todos os traballos

Colectivos profesionais · Consultoría

ESPAZOCOOP. Redeseñando a estratexia organizacional

ESPAZOCOOP. Redeseñando a estratexia organizacional

Facilitación de xornadas internas para o reenfoque estratéxico da Economía Social en Galicia.

 

A Economía Social en Galicia segue evolucionando grazas a organizacións como EspazoCoop. Unión de cooperativas Galegas.

No marco do seu compromiso por mellorar os servizos ofrecidos aos seus asociados, confiaron en Diego Parajó como facilitador para reorientar a súa estratexia e plan operativo cara aos vindeiros anos.

As xornadas centraron o seu traballo en escenarios futuros, buscando garantir que EspazoCoop siga sendo un referente no sector intersectorial.

A facilitación das sesións foi clave para que a organización explore novas ideas e enfronte os desafíos, sempre enfocándose na calidade do servizo e no valor engadido para os seus membros.

Xeneme facilitou estas xornadas, aportando metodoloxías de innovación para o deseño estratéxico e promovendo o traballo colaborativo. A nosa función foi dinamizar as reflexións internas e guiar o equipo na toma de decisións que definirán o futuro da organización.

#EspazoCoop #estratexia_organizacional #Economía_social #Cooperativas #galegas #Facilitación #equipos #Innovación_social #Planificación_estratéxica #Xornadas #Galicia #Redeseño_estratexia

https://twitter.com/UnionEspazocoop/status/1618600054398545920

EspazoCoop planifica a estratexia para 2023 nunhas xornadas en Pontevedra

Este proxecto desenvolveuse en rede con

Espazocoop