← Todos os traballos

Innovación social

AROUSA LGTBIQ+

AROUSA LGTBIQ+

Unha iniciativa educativa e visual para promover o coñecemento e a inclusión.

 

Dentro do traballo que facemos na Illa de Arousa coa Concellaría de Muller , e con motivo do Día do Orgullo LGTBIQ+ celebrado o 28 de xuño, fixemos unha campaña promocional en clave social.

O obxectivo desta campaña foi explicar as diferentes definicións dos termos e bandeiras asociadas ao colectivo LGTBIQ+ de xeito gamificado a través dun tríptico informativo e unha pancarta.

Para completar a campaña derivamos cun QR a unha entrada do blog da páxina web que creamos para a Concellaría de Muller. Nela explicamos máis a fondo onde naceu o movemento, máis bandeiras, máis conceptos e máis información sobre o Día Internacional do Orgullo LGTBIQ+.

Páxina web da Concellaría de Muller da Illa de Arousa

 

Esta campaña está dentro do marco de accións propostas co financiamento do Pacto de Estado contra a violencia de xénero, do Ministerio de Igualdade.

 

#lgtbiq #orgullo #innovacióncidadá #creatividade #participación #empoderamento #muller