← Todos os traballos

Innovación social · Responsabilidade Social

O NÚCLEO: Responsabilidade Social colaborativa.

O NÚCLEO:  Responsabilidade Social colaborativa.

Un proxecto colaborativo para o desenvolvemento sostible e a inclusión tecnolóxica na comarca do Salnés.

O Núcleo foi unha asociación sen ánimo de lucro, creada en 2015 en Vilagarcía por Alicia Nogueira, Jorge Lafuente e Diego Parajó, que apostaba pola innovación social e dixital como ferramentas para transformar a comunidade.

Naceu para dar resposta á falta de recursos tecnolóxicos e formativos dispoñibles na zona nese momento, especialmente enfocados nas novas xeracións e na creación de oportunidades laborais arredor da tecnoloxía e o deseño.

A motivación principal detrás de O Núcleo era o compromiso de tres empresarios co desenvolvemento social. A escaseza de formación tecnolóxica avanzada para nenos e nenas, xunto coa ausencia de recursos para o emprendemento tecnolóxico na comarca do Salnés, levou á creación desta entidade para achegar tecnoloxías emerxentes e metodoloxías innovadoras á comunidade, buscando mellorar o futuro de Vilagarcía e máis aló.

O Núcleo é un exemplo de como unha micropeme pode aplicar a responsabilidade social empresarial (RSE) de maneira colaborativa. Os proxectos que impulsan permiten que a innovación dixital e educativa chegue a toda a comunidade, dende as escolas ata as persoas en busca de mellores oportunidades laborais. A través do voluntariado corporativo, O Núcleo involucrou aos seus fundadores e outros axentes sociais en actividades que xeraron grande impacto real.

O traballo en rede e a colaboración entre axentes permitiron multiplicar o efecto das accións da entidade, demostrando que, aínda cun tamaño reducido, unha organización pode ter un gran impacto social.

A súa aposta por proxectos inclusivos foi un claro exemplo de como a RSE pode aplicarse nas micropemes, promovendo valores como o acceso igualitario ás tecnoloxías e a creación de oportunidades para todos.

Explorando a creación de contidos de realidade virtual.

#onucleo #tech #tecnoloxia #talento #innovacion #app #deseño #hack #ferramentas

 

En rede con Alicia Nogueira e Jorge Lafuente
Concello de Vilagarcía de Arousa