← Todos os traballos

Consultoría

PROGRAMA MENTORING PARA PERSOAS AUTÓNOMAS

PROGRAMA MENTORING PARA PERSOAS AUTÓNOMAS

Xeneme Innovación Social participa como entidade mentora no Pograma Mentoring para Persoas Autónomas impulsado pola Xunta de Galicia, unha iniciativa orientada á mellora da competitividade e sustentabilidade dos proxectos de persoas traballadoras autónomas.

O Programa de Mentoring para Persoas Traballadoras Autónomas impulsado pola Xunta de Galicia é unha iniciativa orientada a apoiar a persoas que desenvolven a súa actividade por conta propia. O obxectivo é mellorar o funcionamento dos seus negocios mediante acompañamento profesional, facilitando ferramentas para a análise, a planificación e a toma de decisións.

Trátase dun servizo gratuíto que ofrece un proceso estruturado de apoio individualizado, adaptado ás necesidades de cada proxecto.

Foto aquivo programa Mentoring 2022
Programa Mentoring 2022

O papel de XENEME:

XENEME participa neste programa como entidade mentora, desenvolvendo labores de acompañamento directo ás persoas autónomas que acceden ao servizo.

O seu traballo céntrase na análise de proxectos, na identificación de puntos de mellorar e na definición de estratexias que permitan optimizar a actividade profesional. Axudando así ás persoas autónomas a organizar os seus proxectos, mellorar os seus procesos e aplicar ferramentas que se basean na aplicación de metodoloxías de innovación social e ferramentas prácticas orientadas á mellora continua.

A quen está dirixido?

O programa está orientado a persoas traballadoras autónomas con actividade en Galicia que buscan mellorar o funcionamento do seu negocio. Está especialmente pensado para proxectos en marcha que precisan reforzar a súa organización, optimizar a súa xestión ou adaptarse a novos contextos, incluíndo a dixitalización.

Aínda que se dá prioridade a persoas cunha traxectoria mínima de actividade, o programa está aberto a diferentes perfís profesionais.

Qué ofrece o programa?

O acompañamento estrutúrase como un proceso práctico que combina análise e acción. As persoas participantes dispoñen de sesións individuais con profesionais expertos, nas que se traballan aspectos clave do negocio como a xestión, as vendas ou a organización interna.

O proceso inclúe tamén ferramentas de diagnóstico que permiten visualizar a situación do proxecto e identificar áreas de mellora, así como acceso a contidos formativos orientados á aplicación directa no día a día.

Ademais, o programa facilita espazos de encontro con outras persoas autónomas, favorecendo o intercambio de experiencias e coñecemento.

O programa aborda diferentes dimensións da actividade profesional, adaptándose ás necesidades de cada caso. Entre os ámbitos de intervención inclúense a planificación estratéxica, a análise económica, a dixitalización, o marketing e as vendas, así como a mellora da organización interna.

Tamén se traballan aspectos relacionados coa apertura a novos mercados, a optimización de procesos e o desenvolvemento de habilidades de xestión.

A participación de Xeneme Innovación Social neste programa permite contribuír á mellora do tecido autónomo en Galicia, facilitando ferramentas e acompañamento que favorecen unha xestión máis eficiente e unha evolución máis sostible dos proxectos.

Este enfoque combina coñecemento técnico, a práctica e metodoloxías de innovación social para apoiar o desenvolvemento de iniciativas profesionais con maior capacidade de adaptación e crecemento.

Consulta toda a información e inscríbete aquí!

Proxecto realizado en rede con: